“E de que íamos vivir?” A idea de que España é quen nos dá de comer…

Non sería a primeira vez que unha persoa ou becho se fai esta pregunta perante o planteamento da independencia de Galiza. Incluso eu mesma tiña só unha vaga idea do asunto, por iso mesmo tanto eu como a miña curiosidade decididímonos a indagar un pouco sobre o tema. O resultado é que os galegos non lle debemos nada a España; é ela quen se queda con case 2/3 dos impostos que pagamos. Aquí queda a proba pra quen goste de saber:

Tal coma puidemos ver Galiza produce o 50% da lousa mundial, o 80% da industria conserveira do Estado, o 65% do granito, o 62% do millo, o 45’5 da madeira, o 42% da construcción naval , o 41% do xeixo, o 40% do leite, o 24% do peixe, o 22% da pataca e o 20% da electricidade renovable.

A cambio os salarios dos galegos son un 14% máis baixos ca dos españois,  o 19% de nós vive por debaixo da liña da pobreza, temos 200.000 parados e en 20 anos desapareceron 40.000 explotacións agrarias e  nos últimos 5 uns 700 barcos pesqueiros.

Eses son só algúns dos produtos que producimos pero no subconsciente seguimos a pensar que somos un país pobre. De onde sacamos tal idea? pois do modelo de financiamento autonómico. Resumindo dunha forma simplista pero certa, a cuestión é que dende Madrid muxen a vaca e dalgún modo fannos crer que aínda lles debemos un favor por darnos o que a eles lles pareza.

No Estado Español hai dous modelos de financiamento: o Foral (Euskadi e Nafarroa) e o de réxime común (que atinxe ó resto de nacións e rexións cos casos especiais de Ceuta e Melilla). No caso do réxime común os cartos que tan xentilmente nos cede o Estado Español (obsérvese a perversión da linguaxe utilizada), proveñen principalmente de:

  • O 100% do que recademos dos chamados “tributos cedidos” como o Imposto sobre 0 Patrimonio (IP), Imposto sobre Sucesións e Doacións (ISD), Tributos sobre o Xogo (TX), e Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITPAXD), amais de certa marxe no Imposto Especial sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IEVTM) e do Imposto sobre Ventas Minoristas de determinados Hidrocarburos (IVMDH) .
  • Sóamente unha parte dos “impostos compartidos”. O “Estado” cede un tanto % do recadado en certos impostos especiais (alcohol, hidrocarburos, etc.) que divide en partes iguais e reparte ente as Comunidades.
  • Por último está o Fondo de Suficiencia polo que o “solidario” Estado Español ás comunidades “pobres” os cartos que lles faltan para cubrir o custo das competencias que lles foron transferidas nos seus pertinentes estatutos (sanidade, educación, xustiza, servicios sociais, etc.) Estas comunidades “gasto” somos todas menos Madrid e Baleares que alcanzan a autosustentarse por unha contía mínima. A explicación breve é que Madrid nos rouba a todos e Baleares ten transferido turismo íntegramente. Pero, quen cona se vai crer que dous nos dan de comer a quince?! Se fóra dalí clamaba pola independencia mañá mesmo!
  • A Garantía Sanitaria sería exactamente o mesmo que o Fundo de Suficiencia pero destinado exclusivamente ó ambito da saúde.

Desta forma callan en nós ideas como a daGaliza subvencionadae a da “solidariedade estatal” coas que se nos pretende colar que dependemos deles pra subsistir porque nós somos incapaces. É ese o obxecto último deste sistema, probar que os galegos e as outras nacións e rexións do Estado non temos posibilidades fóra do seu manto. En definitiva, as comunidades pobres só podemos sobrevivir grazas ás aportacións e solidariedade das ricas. Se facemos caso á teoría de que es máis pobre a cantos máis cartos teñas que recibir do Fundo de Suficiencia, Catalunya sería a 5ª comunidade máis pobre do Estado despois de Andalucía, Canarias, Galiza e Castela e León. A alguén lle cola?

Por que Madrid é tan rica e o resto somos taaan pobres?

A cuestión é que unha empresa tributa onde ten a súa sé empresarial e por todos é sabido que a maioría das grandes empresas privadas, das empresas públicas, dos organismos estatais “periféricos”, etc. están en Madrid. Deste xeito a Capital das Españas lévase os cartos resultantes do imposto de sociedades, do IVE, das retencións dos traballadores (aínda que estes estean en Galiza), das súas operacións co exterior, etc. É dicir que aínda que os recursos nolos fodan a nós, os cartos quedan pra eles (véxase o caso das tres grandes eléctricas galegas, todas foráneas). Por isto mesmo dáse un exemplo moi coñeiro e é que o 100% do imposto sobre o tabaco recádao Madrid, debe se que o resto non fumamos. Outro caso moi simpático é o das grandes certificadoras náuticas (encargadas cubri-lo ciclo de vida completo dun buque, dende o seu diseño, construcción e vida útil ate o desguace) como pode ser Bureau Veritas que tamén tributa alí, será que agora os barcos navegan polo Parque do Retiro. Por outra parte Alcampo, Carrefour, Eroski, Mercadona, El Corte Inglés, Lidl e Día acaparan o 70% do mercado da distribución de alimentos no Estado Español segundo os datos da OCU pero ningunha ten a súa sé empresarial en Galiza, neste caso en Euskadi co sistema foral téñenno un pouco mellor. Os exemplos son infinitos, custa imaxinar cantos cartos perdemos en favor de Madrid.

Temos que facer fincapé en que no 2007 eran 5.147 as empresas que producían en Galiza pero que tiñan a súa sé fóra. Estas empresas contaban cun total de 136.367 traballadores e un número medio de traballadores moi superior ás galegas. O salario bruto medio declarado por cada un dos asalariados foi de 24.346 euros, tamén moi superior ó de aquí, e sobra dicir que as súas retencións vanse fóra.

Como nos minten?

Existen dous informes básicos:

  • O Informe Anual de Recadación Tributaria que traballa en base a estimacións de recadación. Segundo este informe Madrid tributaría o 48% da totalidade da recadación fiscal do Estado Español, non o cren nin eles. Aínda que este dato é normal se atendemos ó que explicaba antes sobre as sés empresariais e certos impostos asociados a elas.
  • Xa que saben do estúpido dese informe e necesitan coñecer os datos reais recurren ó Informe de Liquidación que se coñece dous anos despois de finalizado un curso fiscal  e traballa con datos obxetivos. Este é o que verdadeiramente nos interesa porque nel si se inclúen tódolos impostos que pesan sobre os galegos (excepto o do IVE e os Impostos Especiais), aportándonos a recadación xeográfica real.

A mentira: No 2008, segundo o Informe Anual de Recadación, as delegación galegas da Axencia Tributaria embolsáronse 4.354 millóns de euros en Galiza. O Estado estimou que o noso gasto sería de 7.171 millóns de euros polo que eles, moi “solidariamente” terían que poñer o que faltaba recurrindo ó Fundo de Suficiencia.

O certo: Agora co ano 2008 xa liquidado podemos facer ben as contas. Resulta que Galiza recada 3.890M€ provintes dos tributos cedidos, dos que falei máis arriba, máis 5.019M€ dos tributos compartidos; é dicir 8.910 M€. A isto hai que sumarlles os 2.065M€ doutros impostos (sobre sociedades, primas de seguros, de tráfico exterior, de rendas dos non residentes, etc.) cuxos datos non viñan incluídos no Informe de Recadación Tributaria, polo que ó final os galegos aportamos 10.974,4M€ en total. Resulta que como vos adiantaba no primeiro parágrafo non necesitamos do seu Fundo de Suficiencia, son eles quenes se quedan con case 2/3 dos nosos impostos. Non é por repetirme pero hai que destacar que aí faltan, entre outras cousas, os cartos das empresas que tributan fóra e que serían nosos nun Estado Galego.

Tamén se nos intenta vende-la igualdade deste sistema que pasa por alto a diferenza de desenvolvemento entre unhas comunidades e outras froito da falla de inversión ó longo da historia, “porque esto es Africaaaa”. Deste modo pártese da distibución simétrica (dannos a todos o mesmo) para chegar a unha suposta equidade e que todos poidamos ofrecer a mesma calidade de servizos; cando o seu sería partir da asimetría (dar máis onde máis se necesita) e chegar a esa “pretendida” simetría final en tódalas CCAA. Non é porque sexamos uns esmolantes, é que nolo deben despois de séculos chupando do bote sen facer apenas investimentos no noso país.

Cadernos e webs consultadas: Caderno Soberanía e sistema de Financiamento , Caderno Liquidación do sistema de Financiamento 2008 web do Ministerio de Economía e Facenda Español e web de Causa Galiza. Imaxe vía A Regueifa blog.

Esta entrada foi publicada en Economía, España?. Pra qué?! e etiquetada , , , . Garda a ligazón permanente.

30 respostas a “E de que íamos vivir?” A idea de que España é quen nos dá de comer…

  1. Marcos di:

    Magnífico, moitas grazas.

  2. IRB di:

    Aplausos longos e vitoriosos.

  3. Xaime di:

    Parabéns pola exposición e os datos, mágoa que estes números non estean máis presentes no discurso político do noso día a día. Atervome a dicir que a maioría dos galegos creerianse hoxe a mil veces repetida mentira de que Cataluña usurpa o noso benestar e recursos. Agora ben, un dos argumentos máis repetidos do españolismo cando se lle amosan estes ou outros números doutros anos é o das pensións. Estaría ben que complementarades estas datos cun estudo sobre a realidade do sistema de pensións que temos en Galiza, ata hai quen di que fomos os que menos cotizamos porque fomos os que menos traballamos ao longo da nosa vida (manda carallo). Logo está outro tema que vexo máis opaco en canto a numeros que é o dos fondos de cohesión europeos e o probeito que o centralismo madrileño saca dos indices económicos galegos e doutras areas do estado, para investilos rabitrariamente onde máis lle convén. Recentemente tivemos o caso da denegación da UE de subvencionar con eses fondos o TAV (AVE) Madrid-Lisboa (supoño que porque alguén tivo a valentía de denuncialo), e non temos que esquecer casos coma os da contrucción da T4 ou a ampliación do aeroporto de Barajas feitos, segundo teño entendido, anos atrás con estes mesmos fondos.

  4. marinela di:

    juapa, non vexas o éxito q tivo a entrada no chuza…
    despois dirán q nunca segundas partes foron boas!
    bicos

  5. Trakata di:

    Estáis completamente enfermos. Dar fuentes de esos datos para contrastarlos. Porque hoy día dudo que el 4x% de la leche salga de Galicia. Y como eso unas cuantas mas. Si os dedicarais a buscar soluciones en vez de desacreditar a toda la gente mejor NOS iría. En la época del bipartito se vio realmente lo que quería tanto el PSOE como el bng. Les importamos un carajo. Lo único que quieren es lucrarse a costa del trabajador. Y si hablamos del pp, otro tanto.. Las galescolas del bipartito , etc. Sois tan patéticos como los demás políticos. A ver de qué íbamos a vivir sin las ayudas del gobierno. Nos quedaría legalizar la coca en vilagarcia y hacer una Holanda a la gallega. Coca y prostíbulos para atraer a turistas. Muchos números, pocas ideas, novedades y muchas menos soluciones es lo ir aportáis los nacionalistas. Y esa jerga nueva del gallego? Por favor..

    • marcos di:

      jaja Ahora va a resultar que Madrid es autosuficiente con su puerto, su industria textil, sus campos, su industria metalurgica, su producción de electricidad…Ah! no, que todo eso lo sacan de los No autosuficientes!!!

  6. De que íamos vivir creo que xa quedou suficientemente explicado. Se sabes ler e dixerir datos, supoño que tamén che quedaría claro que o Estado Español quédase con case 2/3 dos nosos impostos e que nós superamos con creces a necesidade dun Fundo de Suficiencia aínda carecendo de sés empresariais e inversión histórica a nivel infraestructuras. Non hai nin trampa nin cartón xa que tanto o Informe de Recadación Tributaria como o de Liquidación están na páxina do Ministerio de Facenda do Estado e na parte inferior dos artigos podes consultar as fontes utilizadas a maiores. Amais diso só tes que facer pequenas búsquedas en google pra ver que os datos son reais. No caso do leite non sei nin como tes a valentía de cita-la situación xa que se estamos coma estamos é precisamente polas sempre hábiles negociacións dos españois (neste caso coa cuota láctea). Que é o que che amola, que se saiba a verdade? Sei que é díficli mudar unha idea que nos levan metendo na cabeza durante séculos pero a realidade é esta. De tódolos xeitos grazas porque me acabas de dar unha idea pra un artigo novo e por suposto Xaime tamén.

    PD: Xa de paso mira aquí 😉

  7. Xaime di:

    “Y esa jerga nueva del gallego? Por favor…” Coma sempre a ignorancia é valente e ven carregada de prexuizos. Xa tardaban! e ainda hai que aturalos.

  8. Xaime di:

    http://www.agronegocios.es/opinion-leche-habla-gallego/1/1381.html

    La leche habla gallego
    Vidal Maté
    Núm. 489. En Informe. Julio de 2010
    23-7-2010

    La Comunidad Autónoma gallega tuvo en la última campaña una cuota de producción de leche de 2.215.000 toneladas para venta a industrias y una producción real de 2.183.000 toneladas. Esa cifra supone el 35% del total de la cuota de producción asignada por la Unión Europea a España que, en el mismo periodo, fue de 6.038.000 toneladas. Igualmente, Galicia, con 13.600 ganaderos, aglutina el 58% de los aproximadamente 24.000 productores de leche españoles actuales…

  9. Iago di:

    Hombre, yo no dudo que el modelo común de CCAA sea una mierda (que lo es, no es ninguna novedad) pero aunque ahora mismo no tengo datos a mano, me extraña que Galicia sea “una vaca exprimida” como tú dices.

    La sensación que he tenido trabajando es que el tejido empresarial gallego es muy débil. Debido a mi trabajo he visitado muchos tipos de empresas y cada día lo veo más claro, en Galicia hay un excesivo caciquismo, más de lo que he visto en otros lugares, hay demasiado chanchullo y pocas ganas de mejorar nada.

    No sé, me resultan extraños esos datos que das. ¿Dónde podría echarles un ojo?

  10. Tes tódolos enlaces ó final do artigo, incluídos os Informes de recadación que están a disposición de todo o mundo na web do Ministerio de Facenda do Estado Español. De tódolos xeitos vivimos na sociedade da información e polo que vexo manexas internet, se queres rebatirme faino con datos e non me veñas con dogmas de fé. E si, temos un tecido industrial feble e as sés das empresas que explotan os nosos recursos pagan en Madrid e aínda así (sustentándonos no sector primario) sacamos cartos de sobra pra cubrir os nosos gastos. Imaxínate se invertisen en nós todo o que nos deben e tivésemos Estado propio. O carallo é de que ía vivir a Comunidade de Madrid se lle quitan a capitalidade? que é o que producen eles?. O único que se me ocorre é que montaran unha canteira en “el Valle de los Caídos” porque sen chuparnos do teto ó resto ían come-los mocos a pares… Aínda se atreven a dicir que son unha comunidade rica e que nos manteñen!.

    • Iago di:

      Home por favor tanta demagogia non. Vale que Madrid chupa dos demáis pero de ahí a dicir “que a ver de qué vivían…” Madrid para empezar é o centro financieiro de España e ten unha considerable cantidad de Industria na sua periferia. E relaxa o tono que che van saltar os ollos, que eu só expuxen unha dúbida que tiña, nin dogmas de fé nin gaitas.

      • Andeca di:

        Vale ho vale, e tu pensas que esa “considerable cantidade de industria na súa periferia” e o feito de que sexa o centro financeiro da España ten algo a ver co feito de ostentar a capitalidade?

  11. Pingback: “E de que íamos vivir?” A idea de que Espanha é quem nos dá de comer… | O RUGIDOIRO DA GALIZA

  12. marcos di:

    jaja Ahora va a resultar que Madrid es autosuficiente con su puerto, su industria textil, sus campos, su industria metalurgica, su producción de electricidad…Ah! no, que todo eso lo sacan de los No autosuficientes!!!

  13. Ramiran di:

    Da gusto leer estes datos resumidos, que confirman o que intuimos que nos ocultan. Pero e unha magoa que o que queda dos nosos politicos (o guillerme ese) estean tan distraidos que non se enteran da necesidade do seu coñecemento por parte de toda a xente e os utilicen.

  14. ozzo di:

    Pode que sexa certo o de que somos capaces de xerar esa riqueza mas manteño dúbidas en canto ao que costaría (só tempo) convencer aos galegos de que deben gobernar a súa terra.

  15. Xa che contestou moi ben Marcos pero ilústranos Iago: que é o que produce Madrid? estarían as empresas alí se non fose pola capitalidade? Por certo, eu xa estou moi relaxada es ti quen vén aquí solta un “no me lo creo” e non se molesta nin en cotexa-los datos que pra algo poño aí a documentación.

  16. Movimento Galego Pilongo di:

    Um artigo sublime.
    Aranhando isto um bocado mais ainda aumenta o cheiro da mentira espanholista…

  17. Que mas da di:

    El motivo de que algunos estén tan interesados en la gestión de los impuestos es simple: si yo soy el que recaudo, va a pasar más dinero por mis manos para poder repartirlo entre las empresas de mis amigos, afines al partido, a cambio de alguna jugosa compensación.

    Esto, lo descubrí yo hace unos años cuando llegó el BNG a la Xunta. Mi jefe (ex-concejal del BNG) se iba todos los días a Santiago a hacer negocios a las Consellerías afines al partido (la de Industria era una de sus favoritas). Y venga a hacer negocios, algunas veces incluso haciamos lo mismo varias veces (me refiero a cobrarlo varias veces). Eso, por no hablar, de las multiples subvenciones que se cobraban por hacer proyectos que no se terminaban o que simplemente no funcionaban o no servían para nada.

    Y, por supuesto, no dudo de que los del PSOE, PP y demás partidos, también se dediquen a lo mismo, a mi simplemente me toco descubirlo en este lado.

    Dejaros de tonterías, de paises, naciones, patrias, banderas y sobre todo, que se deje de robar en nombre de todo esto. Lo que pasa es que el victimismo vende y así se consiguen votos, que dan lugar a puestos en las administraciones y que al final se traducen en dinero en las cuentas corrientes de los supuestos “salvadores de patria galega”.

  18. Xa pero o que ti planteas é un debate distinto, eu aquí intento explicar que si se pode vivir sen España mentres que ti falas de corrupción. Está claro que dese tema moi poucos se salvan pero depende moito da dureza da lexislación e dígocho porque me estou a lembrar dun artigo xa antigo que sacaran en Vieiros (creo) respecto á forma de proceder neses casos de países coma Suecia, Dinamarca… se o atopo póñocho. Persoalmente penso que o que rouba ó Pobo debería facer ó estilo xaponés pero é que eu sonche moi burra pra según que cousas…

  19. galiza di:

    non te vou victorear cun oleee…porque sona moi españolista pero vouche dar os meus parabéns porque lle vou poder ensinar a miña nai o porq do meu desexo de independencia. Teñollo falado unha morea de veces pero agora teño as palabras axeitadas para que o entenda. un biko e unha aperta enoooorme

  20. @RooMartinezR di:

    Noraboa, é un gran artigo e só quixera engadir que ademais poderiamos falar do mal aproveitado que está o potencial de Galiza xa que a maioría da frota pesqueira a nivel mundial ten que pasar pola nosa costa, Por que non se constrúe aquí un gran porto para iso? un saúdo

  21. Pingback: E de que íamos vivir?» A idea de que España é quen nos dá de comer…

  22. si, oh si! di:

    Creo que esas cifras saen dun estudo dun economista de Ferrol membro do BNG.

    Por outra banda é curioso como, vaias á CCAA que vaias (chamádelle como queirades se non vos gosta este termo) sempre hai o mesmo descurso “eu pago moito e recibo pouco”. Non dubido que Galiza produza moooooito leite, moito peixe, e moito seixo e lousa e tal… Moi ben, e tamén se fan moitos carros en Vigo. E qué? Temos unha falla terríbel de indústrias de todo tipo, a gricultura (quitando o millo) é bastante pequena, e o turismo de sol e praia (unha das maiores fontes de ingresos do Estado) non existe máis alá de “Sanghengho”.

    Estou dacordo en pedir, por exemplo, unha compensación aos danos ecolóxicos producidos polo exceso de producción eléctrica, a alumina e a as celulosas (cos seus monocultivos). Pero aparte diso creo que GZ non pode permitirse 3 aeroportos. 2 Portos exteriores, as diferentes obras faraónicas da Coruña, cidades da cultura, todas as vías rápidas… etc, etc.

    Conclusión facer malabares coas cifras mola moito pero un pouco de sentidiño. O que hai que facer é esixir unha mellor administración do que temos (que é dabondo) é menos darse golpes no peito. Ai, ai… país!

    un exemplo que di outra cousa, e só poño este por non dedicar 5 minutos máis. Está claro que as análises fanse para quen os paga, non credes? 😉 http://nacionalismodeandarporcasa.blogspot.com.es/2012/06/galicia-lonxe-de-reivindicar-un-rexime.html

  23. Pingback: Galiza | Pearltrees

  24. Economista di:

    Caro si, oh si!

    Acho falas por falar sem ter muita ideia do que falas. Não é? Eu sou economista e não milito em nenhum partido nacionalista. Ora bem, analisando profundamente a Balança Fiscal e contabilizando nelas o que há que contabilizar (Sede Fiscal das empresas, IVA, Imposto de Sociedades, etc) dá que a Galiza aporta muito mais do que recebe (por volta de 4000 milhões de € ao ano).

    Dito isto, isso não significa que a Galiza não precise se modernizar, claro que precisa muitas cousas mas se formos independentes certamente a nossa modernização seria muito mais rápida e notável. Espanha além de espoliar e roubar, não nos aporta muita cousa.

    • si, oh... si! di:

      Caro economista.

      Non sei se militas ou non, mas nas tuas palavras adiviñase un gran sentimento independentista… co cal recoméndoche que comeces a militar dende xa 😉 hehehe.

      Eu falaba de este artigo que ti mencionas en “fontes” publicado por terra e tempo: http://www.terraetempo.com/media/documentos/0Xose_Diaz_Diaz_Soberania_e_Sistema_de_Financiamento.pdf que se asemella sospeitosamente aos teus argumentos . Este artigo foi feito por: http://www.galegos.info/xose-diaz-diaz

      Con esto o único que quero dicer é que hai moitas maneiras de interpretar cifras. Estas non son neutras nen inócuas. Non digo que outras análises sexan mellores por estar feitas en sentido contrário á que ti fas, simplesmente acho que o teu sesgo é bastante evidente.

      Pero bon, mola máis dicer que somos a hóstia. E botar a culpa aos “de fora”. Perdoa que me lembre á estratéxia do avestruz… A min non me convence, porque xa lin outros artigos no mesmo sentido doutros lugares (especialmente Balears, que eso si que é unha sangria, neno… 😉

      Apertas!

  25. Roi di:

    Claro que a Galicia le conviene la independencia, todos los paises independientes tienen su hacienda pública, aqui como no la hay, las empresas que explotan los recursos gallegos (FENOSA, Endesa, Iberdrola, Ence…) obtienen sus beneficios aqui y pagan los impuestos en Madrid. Así la balanza fiscal dice que somos mantenidos por Madrid, cuando es al revés.

Os comentarios están pechados.